Thursday 02 de May de 2024

Comeza a ampliación da ponte de Arenaza, en Iñás


A petición do Concello de Oleiros, a Deputación da Coruña iniciou a obra de ampliación e mellora do drenaxe transversal da ponte de Arenaza, na parroquia de Iñás. O custo total é de 99.203,69 euros.

Esta remodelación permitirá rematar cos episodios puntuais de inundacións e desbordamentos nalgunhas vivendas de Iñás, que quedaban anegadas cando chovía con intensidade. Unha vez realizado a renovación da drenaxe, tamén se mellorará o tramo da estrada afectada, adecuando a súa anchura á nova plataforma.

A obra realizarase en distintas fases para non cortar o tráfico e evitar molestias aos condutores usuarios da estrada Iñás – Pravio.